Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 08/08/2019

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

34

Núm. 181 xoves, 8 de agosto de 2019

BOP Lugo
Tendo en conta o anterior e de conformidade co disposto no artigo 12 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, e no uso das atribucións que me confiren os artigos 104.2 e 124.4 ñ da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, RESOLVO:
Primeiro.- Nomear como persoal eventual, para o posto de Asistente Secretario do Grupo Municipal do Partido Popular, a don FRANCISCO JAVIER VÁZQUEZ NODAL, DNI: 33.332.203 M que realizará as tarefas de confianza e asesoramento especial, coas seguintes funcións:
aorganizar, supervisar e colaborar na execución dos traballos que se desenvolvan no grupo municipal;
befectuar traballos de transcrición de documentos;
catención das comunicacións tanto telefónicas como persoais que correspondan ao grupo municipal;
darquivo da documentación e elabores de secretaría do grupo en xeral.
Establecéndose como condicións do presente nomeamento as seguintes:
-A dedicación será exclusiva e no horario de traballo determinado en funcións das necesidades existentes.
-O cese terá lugar por resolución desta Alcaldía ou se produzca o cese da Señora Alcaldesa, dona Lara Méndez López.
-A retribución que percibirá será de 21.903,84 euros brutos anuais ou, en todo caso, a que se fixe nos orzamentos do Concello para o dito posto.
-Os efectos deste nomeamento serán do día 30 de xullo de 2019.
-En ningún caso o desempeño deste posto constituirá mérito para o acceso á función pública ou promoción interna.
Segundo.- Notifíquese a presente resolución ao interesado e dependencias municipais afectadas, e publíquese no Boletín Oficial da Provincia.

R. 2395

MONFORTE DE LEMOS
Anuncio Corrección erro no anuncio do BOP nº 174 do mércores 31 de xullo do 2019 .
Advertido erro no anuncio do BOP nº 174 do mércores 31 de xullo do 2019 relativo á CONVOCATORIA DE
PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN POLO SISTEMA DE CONCURSO-OPOSICIÓN PARA A PROVISIÓN CON CARÁCTER
DE URXENCIA DE DOUS AUXILIARES ADMINISTRATIVOS, UN OFICIAL PARA O SERVIZO DE MEDIO AMBIENTE, UN
OFICIAL ELÉCTRICISTA NO MARCO DO PROGRAMA DE FOMENTO DO EMPREGO 2019 DA EXCELENTISIMA
DEPUTACIÓN DE LUGO , pois no mesmo indicase que o prazo de presentación de solicitudes de participación será de 10 días naturais cando o correcto é o prazo contido nas bases das distintas convocatorias de 10 días hábiles.
Procede corrixir o erro de transcrición padecido e dar publicidade para coñecemento xeral e dos posibles aspirantes, de que o prazo é de 10 días hábiles iniciándose o día 1 de agosto e rematando o 14 de agosto de 2019.
Monforte de Lemos, 5 de agosto de 2019.- O Alcalde, Jose Tome Roca.
R. 2426

NAVIA DE SUARNA
Anuncio Aprobado inicialmente polo Concello Pleno en sesión ordinaria celebrada o día 31/07/2019, o expediente de modificación de créditos Nº6/2019, que comprende suplemento de crédito por importe de 2.000,00 €, financiado con cargo ó remanente líquido de tesoureiría para gastos xerais, derivado da liquidación do exercicio 2.018, en cumprimento do disposto no artigo 177.2 en relación co 169 do R.D.L. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, queda exposto ó público por prazo de quince días, a efectos de exame e reclamacións, podendo examinarse na Secretaría Municipal en horario de 9,00
a 14,00 horas.

Anuncio publicado en: Num BOP 181 año 2019 07/08/2019 13:15:37
08/08/2019 08:00:00

Cúmprase.

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 08/08/2019

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data08/08/2019

Conteggio pagine36

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni