Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 07/08/2019

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

5

Núm. 180 mércores, 7 de agosto de 2019

BOP de Lugo
Composición:
PRESIDENTE/A:
Un/ha técnico/a adscrita ao servizo de servicios sociais ou persoal que o substitúa.
VOGAIS:
Un/Unha técnico/a do servizo de servizos sociais ou persoal que o substitúa.
Titular do órgano de apoio a Xunta de Goberno Local Vicesecretaria ou persoa que o substitúa.
Un/ha técnico/a do Servizo de Intervención ou persoal que o substitúa.
SECRETARIA: Un/unha funcionario/a municipal que actuará, con voz e sen voto e que levantará acta da xuntanza da comisión avaliadora.
Son funcións desta Comisión Avaliadora emitir o ditame no que concrete o resultado da avaliación efectuada á vista dos expedientes e en aplicación dos criterios de valoración establecidos no artigo 8 destas Bases - Órgano instrutor: Será un técnico/a do Servizo Municipal de Servizos Sociais.
Son funcións do órgano instructor:
- Requirirlle á entidade solicitante naqueles supostos nos que a documentación presentada resulte incompleta e/ou defectuosa para que no prazo de dez días hábiles emende as deficiencias observadas, de conformidade e cos efectos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, considerándose desistida do seu dereito se transcorrido o prazo non atende ao requirido.

- Realizar a preavaliación das solicitudes verificando o cumprimento das condicións impostas para adquirir a condición de beneficiaria/o e efectuar a avaliación conforme aos criterios, formas e prioridades dispostos na convocatoria, elevando o correspondente informe á comisión de valoración de cada un dos expedientes.
- Formular proposta de resolución , á vista do ditame da Comisión Avaliadora, e elevala ó organo competente para resolver.
No referente ao órgano competente para a tramitación e resolución deste expediente, subvencións en réxime de concorrencia competitiva, estarase ao réxime de atribucións establecido referente á ditos procedementos.
O prazo máximo para resolver e notificar a resolución do procedemento será de SEIS MESES, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no BOP. Transcorrido o dito prazo sen que se adopte resolución expresa, a solicitude poderase entender desestimada.
A resolución poñerá fin á vía administrativa, e contra ela as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de reposición ante o mesmo órgano ou ben, alternativamente, recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo.
- Non se admite a reformulación das solicitudes para os supostos nos que a subvención concedida sexa inferior á que figura na solicitude.
- A aceptación da subvención concedida entenderase efectuada se no prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte hábil ao da notificación, non renunciasen a ela expresamente mediante escrito dirixido ao órgano concedente.
Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións doutras administracións públicas ou entidades privadas poderá dar lugar á modificación da resolución da concesión.
A existencia dalgunha circuntancia que implique a modificación da subvención deberá ser comunicada ó responsable dos Servizos Sociais Muncipais e solicitada a modificación oportuna antes do prazo de realización da actividades aos efectos da autorización e modificación da resolución.
- As subvencións que se outorguen ao abeiro desta convocatoria serán compatibles con outras para o mesmo fin sen que en ningún caso o importe total subvencionado pola totalidade de entes ou organismos subvencionadores da actividade poida superar o 95% do custo total da actividade.
O 5 % do gasto proposto e orzamentado no proxecto presentado deberá ser financiado exclusivamente pola asociación ou entidade. No caso de que exista sobrefinanciamento, a/o beneficiaria/o deberá proceder ao reintegro da contía concedida polo Concello de Lugo na cantidade que exceda do custo da actividade.
Serán admisibles as lóxicas subcontratacións para a realización das actividades que se desenvolvan ao longo do ano no que se realiza o proxecto ata a totalidade do custo da actividade subvencionada, todo elo tendo en conta o sinalado no artigo 29 da lei Xeral de Subvencións. Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas na normativa de contratos do Sector público para o contrato menor, o beneficiario/ra deberá
Anuncio publicado en: Num BOP 180 año 2019 06/08/2019 13:33:34
07/08/2019 08:00:00

- Requirir os informes precisos e efectuar as comprobacións que estime oportunas a fin de verificar os datos achegados para una mellor valoración das solicitudes.

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 07/08/2019

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data07/08/2019

Conteggio pagine47

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni