Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 06/08/2019

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 179 martes, 6 de agosto de 2019

BOP Lugo
Anuncio Información pública:
A Xunta de Goberno Local en sesión celebrada o 24 de xullo de 2019, aprobouse o padrón de vados correspondente ó exercicio 2019.
O importe total do padrón ascende a 552,00 €, sendo o período voluntario de cobro dende o día 26 de xullo ata o 26 de setembro de 2019, de conformidade co previsto nos arts. 12 do texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais e 62.3 da Lei Xeral Tributaría.
O que se expón ao público na Casa do Concello, durante o prazo de quince días hábiles, a contar dende o seguinte, tamén hábil, da publicación deste edicto no Boletín Oficial da Provincia.
Así mesmo, e de conformidade co artigo 223.1 da LXT, poderán interpoñer recurso de reposición ante ó órgano que ditou o acto no prazo dun mes, que comezará a contar dende o día seguinte ao da finalización do prazo de exposición ó público do padrón. Non obstante, poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren oportuno.
Este anuncio ten o carácter de notificación colectiva ao abeiro do artigo 102.3 da Lei 58/2003, Xeral Tributaria.
Láncara, 29 de xullo de 2019.- O alcalde, Darío A Piñeiro López.
R. 2363

LUGO
Anuncio A través de Decreto número 19005877 aprobouse o padrón correspondente ás taxas pola prestación do servizo de xantar no fogar correspondentes ao mes de xuño de 2019, que se expoñen ao público no Servizo de Servizos Sociais, sito na Ronda da Muralla, 197, durante o prazo de quince días hábiles, contados dende o seguinte, tamén hábil, da publicación deste Edicto no Boletín Oficial da Provincia.
Así mesmo, e de conformidade co artigo 223.1 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, poderán interpoñer recurso de reposición ante ó órgano que ditou o acto no prazo dun mes, que comezará a contar dende o día seguinte ao da finalización do período voluntario de pagamento, sen prexuízo do disposto no artigo 63 da Ordenanza fiscal xeral. Non obstante, poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren oportuno.
Este anuncio ten o carácter de notificación colectiva ao abeiro do artigo 102.3 da Lei 58/2003, xeral tributaria e o seu pagamento realizarao por domiciliación bancaria autorizada a persoa solicitante do servizo, por escrito, no momento da concesión.
O período voluntario de pagamento fíxase nun mes dende a aprobación da correspondente taxa: dende o día 2
de agosto ata o día 2 de setembro de 2019 ou inmediato hábil posterior se aquel fose festivo.
Advírtese que, transcorrido o prazo voluntario de ingreso sen efectuar o pagamento das débedas, estas xerarán o 5% da recarga executiva ata o inicio do procedemento de constrinximento, coa recarga, xuros e custas que se puidesen producir a partir dese momento.
Lugo, 15 de xullo de 2019.- A Concelleira Delegada de Benestar Social, Inclusión e Persoas Maiores Decreto 19005684 do 01/07/2019, modificado polo Decreto 19005695 do 03/07/2019 Olga López Racamonde.
R. 2366

Anuncio A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria celebrada o día vinte de marzo de dous mil dezanove, adoptou, entre outros o acordo 12/156 NOMEAMENTO DE DON MIGUEL BRAVOS PAZOS, COMO FUNCIONARIO DE
CARREIRA DO EXCMO. CONCELLO DE LUGO PARA DESEMPEÑAR A PRAZA DE OFICIAL SEPULTUREIRO/A, GRUPO DE
TITULACIÓN: GRUPO C; SUBGRUPO C2; ESCALA, ADMINISTRACIÓN ESPECIAL; SUBESCALA, PERSOAL DE OFICIOS, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:
PRIMEIRO.- Nomear a DON MIGUEL BRAVOS PAZOS como funcionario de carreira do Excmo. Concello de Lugo para desempeñar a praza de Oficial Sepultureiro/a grupo de titulación: grupo C; subgrupo C2; escala, administración especial; subescala, persoal de oficios.
SEGUNDO.- Notificarlle o acordado ó interesado, coa advertencia que deberá tomar posesión no prazo dun mes a partir da publicación do nomeamento.

Anuncio publicado en: Num BOP 179 año 2019 05/08/2019 13:22:07
06/08/2019 08:00:00

Exposición ao público

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 06/08/2019

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data06/08/2019

Conteggio pagine10

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni