Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 28/08/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 197 mércores, 28 de agosto de 2019

BOP Lugo
CONCELLOS
BARREIROS
Anuncio SELECCIÓN COMO PERSOAL LABORAL TEMPORAL DE CONSERXE PARA O COLEXIO DE SAN MIGUEL DE
REINANTE.
Por Resolución de alcaldía, aprobanse o 23 de agosto, as bases que rexerán a convocatoria para a selección dunha persoa, como persoal laboral temporal, para desempeñar as labores de conserxe no Colexio de San Miguel de Reinante, que teñen o seguinte contido:
1. - OBXECTO.
O obxecto destas bases é establecer as normas e procedemento para a selección dunha persoa para cubrir temporalmente o posto de conserxe do CEIP de San Miguel de Reinante, ata que dita praza se cubra de forma definitiva mediante o correspondente proceso selectivo que se pretende iniciar antes de finais deste ano 2019.
A relación xurídica co concello será de persoal laboral temporal, grupo de cotización 8 e salario bruto mensual de 1.050 €, que inclúe a parte proporcional das pagas extras. As vacacións correspondentes que non se podan disfrutar abonaránse ó final do contrato, xunto coa indemnización de fin do mesmo.
O horario de traballo será de 8:30 a 16:00 horas de luns a venres.
As principais tarefas que terá que desenvolver a persoa seleccionada serán as seguintes:
- recepción e atención do alumnado do Programa Abrente, en horario de 8:30 a 9:15 horas.

- Mantemento da calefacción: revisión inicial de posta a punto, revisión do depósito de gasoil para avisar antes de que se vacíe, encendido e apagado da calefacción, control dos niveis do depósito de propano da cociña,
- Movemento e traslado de mobiliario e equipos.
- Reposición de toallitas, papel hixiénico e xabón.
- Reparto de circulares e información polas clases cando sexa necesario.
- Control da entradas e saídas da persoas alleas ó centro.
- Timbrar para as entradas e saídas.
- Recollida e entrega de correspondencia.
- Realizar fotocopias, encadernacións, plastificacións, cando así se lle requira.
- Atender ó teléfono en caso de non haber profesorado.
- Control para a reposición de material didáctico e escolar de uso común folios, tizas, bolígrafos, grapas, - Labores de apoio á limpeza cando así sexa necesario e se indique polo Centro ou polo Concello.
2.- CONDICIÓNS DOS ASPIRANTES.
Para ser admitidos no proceso de selección os aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos á data de finalización de presentación de solicitudes e deberán gozar destes durante todo o prazo nas que as mesmas estean en vigor:
a Ter nacionalidade española ou algunha outra que, con arranxo ó disposto no artigo 52 da lei 2/2015, de 29
de abril, do Empego Público de Galicia, permita o acceso ó emprego público.
Poden acceder ó emprego público como persoal laboral en igualdade de condicións coas persoas de nacionalidade española:
- As persoa que posúan nacionalidade doutros estados membros da Unión Europea.
- As persoas, calquera que sexa a súa nacionalidade, que sexan cónxuxes de persoas que posúan a nacionalidade española ou doutros membros da Unión Europea, sempre que non estean separadas de dereito.
- As persoas, calquera que sexa a súa nacionalidade, descendentes do cónxuxe non separado de dereito de persoas que posúan a nacionalidade española ou doutros membros da Unión Europea, sempre que sexan menores de 21 anos ou maiores de dita idade dependentes.
- As persoas incluídas no ámbito de aplicación dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España nos que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.

Anuncio publicado en: Num BOP 197 año 2019 27/08/2019 11:18:24
28/08/2019 08:00:00

- Revisión e mantemento dos espazos dentro do recinto: reparacións rutinarias persianas, luces, billas, , comunicar desperfectos ó concello, mantemento do patio de zonas axardinadas cortar ó césped, xestionar a poda de árbores, limpeza dos patios, vaciado dos contenedores e xestión do lixo para reciclaxe,.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 28/08/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date28/08/2019

Page count11

Edition count3286

First edition01/03/2013

Last issue25/04/2024

Download this edition

Other editions