Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 23/08/2019

Text version What is this?*Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 193 venres, 23 de agosto de 2019

BOP Lugo
Requisitos: Acreditación de ter os coñecementos necesarios para o desempeño do devandito posto, estar en posesión de carnet de conducir que lle habilite para o manexo de tractor con desbrozadora, ademáis dos esixidos con carácter xeral na legislación vixente.

-

Criterios de selección: Os establecidos nas Bases Xerais para o acceso a prazas de persoal laboral temporal do Concello de Baleira, publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Lugo Nº 292, de 22 de decembro de 2010.

-

Prazo de presentación de instancias: Cinco días hábiles dende o seguinte á publicación no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.

-

Data e lugar da entrevista prevista nas Bases: O día 4 de setembro de 2019, as 10:00 horas, no Concello de Baleira. A entrevista realizarase mediante unha proba escrita na que se evaluarán contidos relacionados co posto de traballo a desempeñar.

-

-

Tribunal cualificador:

o
Presidenta: Sandra Neira Gómez, Técnico de Xestión.

o
Secretaria: M Esperanza Garmendia Nuñez, Secretaria-Interventora.

o
Vocais: M Germana López González, Auxiliar Administrativo, Angel Alvarez Pereira, Alguacil-Celador.

O Tribunal constituirase o día 4 de setembro de 2019 ás 9:30 horas.
Baleira, 16 de agosto de 2019.- O Alcalde, Angel Enrique Martinez-Puga López.
R. 2557

MONFORTE DE LEMOS

APROBACION PADRÓN FISCAL TAXA RECOLLIDA DO LIXO 3º BIMESTRE DO EXERCICIO 2019 E ANUNCIO DE
COBRANZA
Por Xunta do Goberno Local do día 29.07.2019 aprobouse o padrón eliminación de Lixo do terceiro bimestre do exercicio 2019 maio-xuño.

da Taxa pola recollida, tratamento e
De acordo co disposto no artigo 102.3 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral tributaria, notifícanse colectivamente os recibos derivados deste padrón.
De conformidade coa Ordenanza Xeral de ingresos municipais de dereito público, exporase ao público nun prazo de 20 días, contados a partir do primeiro día do período de pago en voluntaria deste padrón, para que se poidan presentar as reclamacións pertinentes.
De acordo co artigo 14.2 c do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei das Facendas Locais, contra o acordo de aprobación do padrón e das súas liquidacións poderase interpor recurso de reposición no prazo dun mes a contar dende o día seguinte ao remate da exposición pública do padrón. Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición que no seu caso se formule, poderase interpor recurso contencioso-administrativo na forma e prazos que a tal efecto se establecen na Lei 25/98 de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso administrativa.
Fíxase como prazo de pago en período voluntario, dende o 26.08.2019 ata o 28.10.2019.
De acordo co artigo 24 do Real Decreto 939/2005, de 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Recadación, ponse en coñecemento, que no período de pago en voluntario sinalado no parágrafo anterior, os contribuíntes que non teñan domiciliados os recibos polo concepto da Taxa pola recollida, tratamento e eliminación de Lixo, poderán facer o pago dos mesmos mediante :
1 Ingreso en efectivo en calquera oficina de A Banca ou Banco Sabadell en horario de atención ao público 2 A través de caixeiros automáticos nas devanditas entidades financeiras 3 A través da páxina web do Concello www.monfortedelemos.es Advírtese que transcorrido o prazo de ingreso en período voluntario, as débedas serán esixidas pola vía de constrinximento, e devindicaranse as correspondentes recargas do período executivo, os xuros de mora, e no seu caso, as costas que se produzan Monforte de Lemos, 29 de xullo de 2019.- O alcaldepresidente, José Tomé Roca.
R. 2544

Anuncio publicado en: Num BOP 193 año 2019 22/08/2019 12:07:56
23/08/2019 08:00:00

Anuncio

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 23/08/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date23/08/2019

Page count14

Edition count3263

First edition01/03/2013

Last issue27/03/2024

Download this edition

Otras ediciones