Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 19/08/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 189 luns, 19 de agosto de 2019

BOP Lugo
BECERREÁ
Anuncio EXPOSICIÓN AO PÚBLICO
Por Decreto da Alcaldía de data 09/08/2019, prestouse aprobación inicial ao padrón correspondente ao mes de agosto do 2019 da taxa pola prestación do servicio de Gardería Infantil.
Conforme ao disposto no artigo 102.3 da Lei Xeral Tributaria, por medio do presente ponse en coñecemento dos contribuíntes obrigados ao pago da taxa, que dispoñen dun prazo de quince días, contados a partir da publicación do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia, ao obxecto de que poidan ser examinados e presenta-las reclamacións que estimen pertinentes, entendéndose elevados a definitivos se, transcorrido o prazo de exposición pública, non se formulara ningunha reclamación contra os mesmos.
Así mesmo, e de conformidade co artigo 253.1 da Lei Xeral Tributaria, poderán interpoñer recurso de reposición ante a Alcaldía no prazo dun mes, que comezará a contar dende o día seguinte ao da finalización do período voluntario de pagamento.
Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición que no seu caso se formule, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo na forma e nos prazos que a tal efecto se establecen na Lei Reguladora da referida xurisdicción.
Non obstante, poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren oportuno.
ANUNCIO DE COBRANZA

Para o resto dos contribuíntes, os recibos seranlles enviados ó enderezo declarado do suxeito pasivo por correo ordinario para que poidan efectúa-lo pago en calquera oficina de Abanca. No caso de non recibilos, obrigado ó pagamento deberá personarse nas oficinas municipais para obter un duplicado xa que a súa non recepción no domicilio non exonera da obriga de pagamento nin impide a utilización da vía de constrinximento Transcorrido o prazo de pago en período voluntario, iniciarase o período executivo que determina a esixencia dos xuros de demora e dos recargos do período executivo nos termos dos artigos 26 e 28 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, e no seu caso das costas do procedemento de constrinximento; de acordo co establecido no artigo 161 de dita Lei, procederase á súa recadación pola vía administrativa de constrinximento, segundo o preceptuado no Regulamento Xeral de Recadación. O recargo será do 5 por 100 cando a débeda non ingresada en período voluntario se satisfaga na súa totalidade antes da notificación ao debedor da providencia de apremio, de acordo co previsto no artigo 28.2 da Lei 58/2003, Xeral Tributaria, para o que deberán acudir ás oficinas municipais para o selado dos correspondentes recibos.
A presente publicación, nos dous supostos, de edicto de exposición ao público dos padróns e anuncio de cobranza en fase voluntaria, ten o carácter de notificación colectiva, ao amparo do establecido no artigo 102 da indicada Lei Xeral Tributaria.
Becerreá. 9 de agosto de 2019.- O Alcalde, Manuel Martínez Núñez.
R. 2474

BEGONTE
Anuncio Aprobado polo Pleno desta Corporación, na sesión extraordinaria celebrada o día 12 de xullo de 2019, o expediente de modificación de créditos núm. 10 /2019 3º de competencia do pleno, dentro do vixente Presuposto municipal, por un importe total de Noventa e seis mil cento cincuenta e nove con dez 96.159,10
euros, e transcurrido o prazo dos quince días hábiles, contados a partir da inserción do anuncio de aprobación inicial no Boletín Oficial da Provincia, sin que se tivesen presentado reclamacións, o mesmo entenderase elevado a definitivo, quedando o resumo por capítulos do Estado de Gastos, do referido orzamento, da seguinte forma:
Cap. 1.- Remuneracións de persoal.
Cap. 2.- Compra de bens correntes e de servicios.
Cap. 3.- Gastos financeiros.
Cap. 4.- Transferencias correntes.
Cap. 5.- Fondo de Continxencia.

988.475,58 €.
1.424.450,23
3.050,00
195.560,00
36.670,90

Anuncio publicado en: Num BOP 189 año 2019 16/08/2019 14:31:46
19/08/2019 08:00:00

De conformidade co disposto no artigos 24 e 25 do Regulamento xeral de recadación R.D. 939/2005, do 29 de xullo, fíxase como prazo de ingreso, en período voluntario, ata o 09/10/2019. Para o cobro dos mesmos, os contribuíntes que teñan domiciliados os recibos, estes seranlles cargados nas contas bancarias respectivas.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 19/08/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date19/08/2019

Page count30

Edition count3281

First edition01/03/2013

Last issue19/04/2024

Download this edition

Other editions