Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 16/08/2019

Text version What is this?*Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 187 venres, 16 de agosto de 2019

BOP Lugo
Desempeño nas mesmas prazas/postos/empregos que se convoca: Valorarase a razón de 0,18 puntos por cada 30 días de traballo.
Desempeño da prazas/postos/empregos con funcións similares: Valorarase a razón de 0,10 puntos por cada 30
días de traballo.
b
Experiencia profesional en Entidades Privadas.

Desempeño do mesmo posto/emprego: Valorarase a razón de 0,12 puntos por cada 30 días de traballo.
Desempeño de postos/empregos similares: Valorarase a razón de 0,07 puntos por cada 30 días de traballo.
5.2.2. Carné de conducir Por ser titular do carné de conducir C e telo en vigor: 2 puntos.
5.2.3. Formación Complementaria puntuación máxima 4 puntos.
Criterios xerais:
So se valorarán os cursos convocados, impartidos ou homologados pola Administración Pública.
Non se puntuarán as materias que formen parte dunha titulación académica, nin de masters propios.
Non se puntuarán as accións formativas que non acreditan as horas de duración.
Criterios de Puntuación:
Cursos, xornadas, seminarios, congresos, masters propios e similares:
PUNTUACIÓN POR HORA

Asistencia.

0,015

Aproveitamento.

0,025

6.- PROBA DE GALEGO.
O artigo 51.2 da Lei 2/2015, de 29 de abril, do emprego público de Galicia establece que:
, para darlle cumprimento á normalización do idioma galego nas Administracións Públicas de Galicia e para garantir o dereito ao uso do galego nas relacións coas Administracións Públicas no ámbito da Comunidade Autónoma, así como a promoción do uso normal do Galego por parte dos poderes públicos de Galicia, nas probas selectivas que se realicen para o acceso aos postos das Administracións Públicas incluídas no ámbito de aplicación desta lei incluirase un exame de galego, agás para aquelas persoas que acrediten o coñecemento da lingua galega consonte a normativa vixente. As bases das convocatorias dos procesos selectivos establecerán o carácter e, se é o caso, a valoración do coñecemento da lingua galega..
Aquelas persoas aspirantes que non acrediten o nivel de galego sinalado nos requisitos deberán realizar esta proba que poderá consistir, alternativamente, na tradución dun texto en castelán para o galego ou en galego para o castelán.
Esta proba é obrigatoria e eliminatoria e cualificarase con apto ou non apto.
7. REQUISITO PREVIO Á CONTRATACIÓN.
Conforme ao artigo 8.1 das Bases Reguladoras do Plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2019, publicadas no BOP de Lugo número 52 do día 2 de marzo de 2019, no programa de Fomento de Emprego, é imprescindible que as persoas a contratar a través deste programa produzan novas contratacións no concello, polo que a situación ou procedencia dos candidatos debe provir de situación de desemprego ou de mellora de emprego para os casos en que a xornada de traballo sexa igual ou inferior o 50% da xornada, quedando excluídos os custes de persoal referidos a traballadores incluídos no cadro de persoal vixente do concello.
A persoa que sexa proposta para este posto de Operario de Servizos Múltiples, deberá presentar, ademais da documentación especificada nas bases xerais, a seguinte documentación:

- Certificación da Oficina de Emprego onde se acredite que está desempregado ou en mellora de emprego.
- Informe de vida laboral actualizado que acredite que a súa xornada de traballo actual é igual ou inferior ao 50% da xornada.

8. CREACIÓN DUNHA LISTAXE DE EMPREGO TEMPORAL ESPECÍFICA.
A finalidade desta listaxe de emprego é atender as necesidades futuras de persoal temporal derivadas da propia convocatoria.
A listaxe de emprego temporal estará integrada polas persoas que superaron o proceso selectivo, pero non resultaron seleccionadas, ordenadas de maneira decrecente polas puntuacións obtidas.

Anuncio publicado en: Num BOP 187 año 2019 14/08/2019 13:08:09
16/08/2019 08:00:00

TIPO DE CURSOS

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 16/08/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date16/08/2019

Page count11

Edition count3263

First edition01/03/2013

Last issue27/03/2024

Download this edition

Otras ediciones