Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 10/08/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 183 sábado, 10 de agosto de 2019

BOP Lugo
Para unha maior operatividade do pleno, analizado o funcionamento do mesmo nos últimos anos, e visto o disposto no artigo 210.2.a da lei 5/1997 de 22 de xullo de Administración Local de Galicia, propoño ó Pleno que adopte o acordo seguinte:
1.- O Pleno do Concello celebrará unha sesión ordinaria cada dous meses dentro do segundo mes de cada bimestre natural.
2.- O día concreto e a hora de celebración de ditas sesións será fixado polo Alcalde tendo en contra a mellor operatividade do concello, e comunicándollo os concelleiros cunha antelación mínima de 4 días.
Sometida a votación a anterior proposta, por unanimidade acórdase a súa aprobación.
DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO PLENO NA XUNTA DE GOBERNO LOCAL
Dáse conta da seguinte proposta da alcaldía.
Para a mellor eficacia e eficiencia no funcionamento do Concello e visto o disposto no artigo 22.4 da Lei 7/1985
Reguladora das Bases do Réxime Local, propoño ó Pleno que adopte o acordo seguinte:
Delegar na Xunta de Goberno Local as seguintes competencias do Pleno:
a O exercicio de accións xudiciais e administrativas e a defensa da corporación en materias de competencia plenaria.
b A declaración de lesividade dos actos do concello.

d As contratacións e concesións de toda clase cando o seu importe supere o 10 por cento dos recursos ordinarios do orzamento e, en calquera caso, os seis millóns de euros, así como os contratos e concesións plurianuais cando a súa duración sexa superior a catro anos e os plurianuais de menor duración cando o importe acumulado de todas as súas anualidades supere a porcentaxe indicada, referido ós recursos ordinarios do orzamento do primeiro exercicio e, en todo caso, cando sexa superior á contía sinalada nesta letra.
e A aprobación dos proxectos de obras e servizos cando sexa competente para a súa contratación ou concesión, e cando aínda non estean previstos nos orzamentos.
f A adquisición de bens e dereitos cando o seu valor supere o 10 por cento dos recursos ordinarios do orzamento e, en todo caso, cando sexa superior a tres millóns de euros, así como as alleamentos patrimoniais nos seguintes supostos:
a. Cando se trate de bens inmobles ou de bens mobles que estean declarados de valor histórico ou artístico, e non estean previstas no orzamento. Cando estando previstas no orzamento, superen as mesmas porcentaxes e contías indicados para as adquisicións de bens.
g As demais que expresamente lle confiran as leis.
Sometida a votación a anterior proposta, por unanimidade acórdase a súa aprobación.
A Pobra do Brollón, 23 de xullo de 2019.- O Alcalde en funcións, Ricardo Rodicio González.
R. 2424

Anuncio De conformidade co disposto no artigo 44 e 46 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais aprobado por Real Decreto 2568/1986 de 28 de novembro, fanse públicas as Resolucións da Alcaldía sobre organización municipal das que se deu conta ao Pleno do Concello na sesión extraordinaria celebrada o día 08 de xullo de 2019.
NOMEAMENTOS DE TENENTES DE ALCALDE:
Tendo que nomear tenentes de alcalde para as funcións que lles son propias e para substituír a esta alcaldía nos casos previstos na lei, RESOLVO:
1. Designar como Tenentes de Alcalde do concello da Pobra do Brollón aos seguintes concelleiros:

Ricardo Rodicio González

Manuel González Moreira
Anuncio publicado en: Num BOP 183 año 2019 09/08/2019 12:25:43
10/08/2019 08:00:00

c A concertación das operacións de crédito das que a súa contía acumulada, dentro de cada exercicio económico, exceda do 10 por cento dos recursos ordinarios do orzamento --agás as de tesourería, que lle corresponderán cando o importe acumulado das operacións vivas en cada momento supere o 15 por cento dos ingresos correntes liquidados no exercicio anterior-- todo elo de conformidade co disposto na Lei Reguladora das Facendas Locais.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 10/08/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date10/08/2019

Page count6

Edition count3279

First edition01/03/2013

Last issue17/04/2024

Download this edition

Other editions