Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 08/08/2019

Text version What is this?*Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 181 xoves, 8 de agosto de 2019

BOP Lugo
Alfoz, a 30 de xullo de 2019.- O Alcalde-Presidente, Jorge Val Diaz.
R. 2386

Anuncio O Pleno deste Concello, en sesión ordinaria celebrada o día 26 de xullo de 2019, acordou a aprobación inicial do expediente de suplemento de crédito financiado con cargo ao remanente líquido de Tesoreria . modificación de créditos 8/2019 , e en cumprimento do disposto no artigo 169.1 por remisión do 177.2 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, sométese a información pública polo prazo de quince días, a contar desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia.
Durante devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se estimen pertinentes. Así mesmo, estará a disposición dos interesados na sede electrónica deste Concello .
Se transcorrido devandito prazo non se presentaron alegacións, considerarase aprobado definitivamente devandito Acordo.
Alfoz, a 30 de xullo de 2019.- O Alcalde-Presidente, Jorge Val Diaz.
R: 2387

CERVO
Formada a Conta Xeral desta Corporación correspondente ó exercicio orzamentario de 2018 cos estados e contas a que se refire o artigo 209 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, e as Regras 44 a 51 da Instrución do modelo normal de Contabilidade para a Administración Local aprobada por Orde HAP/1781/2013, do 20 de setembro, e informada pola Comisión Especial de Contas en sesión de 2 de agosto, exponse ó público, xunto cos documentos que a xustifican na Intervención desta entidade, por período de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia. Durante dito prazo e oito días máis os interesados lexítimos poderán examinala e formular por escrito as alegacións que estimen pertinentes de conformidade co disposto no artigo 212 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo.
Cervo, 2 de agosto de 2019. O alcalde; Alfonso Villares Bermúdez.
R. 2417

LÁNCARA
Anuncio Resolución de alcaldía nº 190 do Concello de Láncara de data de 29 de xullo de 2019, pola que se aproban as bases e a convocatoria para a praza de administrativo/a deste Concello, mediante sistema de concursooposición.
TEXTO
Logo de aprobar por decreto da alcaldía nº 190 de data de 29 de xullo de 2019, as bases e a convocatoria para cubrir a praza de administrativo/a deste Concello, mediante sistema de concurso-oposición, ábrese o prazo de presentación de solicitudes, que será de 20 días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial do Estado.
Achéganse as bases reguladoras que rexerán a convocatoria:
BASES XERAIS PARA ACCESO LIBRE A PRAZAS DE PERSOAL FUNCIONARIO DO CONCELLO DE LÁNCARA.
1.- NORMAS XERAIS.
1.1.- NORMAS DE APLICACIÓN.
Ás presentes probas selectivas seranlles aplicables o Real decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público e no que resulte vixente a Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local LRBRL; Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, Texto Refundido das Disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local TRRL; no que resulte
Anuncio publicado en: Num BOP 181 año 2019 07/08/2019 13:15:37
08/08/2019 08:00:00

Anuncio

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 08/08/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date08/08/2019

Page count36

Edition count3263

First edition01/03/2013

Last issue27/03/2024

Download this edition

Otras ediciones