Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 06/08/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 179 martes, 6 de agosto de 2019

BOP Lugo
A presente publicación, nos dous supostos, de edicto de exposición ó público dos padrós e anuncio de cobranza, ten o carácter de notificación colectiva, ó amparo do establecido no artigo 102.3 da Lei Xeral Tributaria e 23 e 24 do RD939/2005, de 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Recadación.
Begonte, 01 de agosto de 2019.- O ALCALDE EN FUNCIONS, Luis Luaña Castelo.
R.2416

BURELA
Anuncio Selección xefe de brigada de incendios Ampliación de prazo para a convocatoria de selección de persoal laboral temporal para 1 xefe de brigada de prevención e defensa contra incendios forestais no marco do Convenio de Colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Burela para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais durante o ano 2019, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural FEADER no marco do PDR de Galicia 2014-2020.
A convocatoria e as bases aprobadas por decreto de alcaldía de 12 de xullo do 2019 foron publicadas no Boletín oficial da Provincia nº 162 de 16 de xullo de 2019 e na sede electrónica do Concello de Burela.
O prazo de presentación de solicitudes será de cinco días naturais contados a partir do seguinte á data de publicación.
Burela , 2 de agosto de 2019.- O alcalde, Alfredo Llano García.

GUNTÍN
Anuncio Conta xeral orzamentaria correspondente ao exercicio de 2.018.
Rendida a conta xeral para o exercicio de 2.018 e dictaminada pola Comisión Especial de Contas en sesión de 29
de xullo de 2.019, a mesma, xunto co ditame e documentos que a xustifican exponse ao público na SecretaríaIntervención municipal, por un prazo de 15 días hábiles que se computarán a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia, durante os cales e oito días máis os interesados poderán formular por escrito as reclamacións, reparos ou observacións que estimen oportunas, tal e como se sinala no artigo 212.3 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.
Guntín, 29 de xullo de 2019.- A Alcaldesa, Maria José Gómez Rodríguez.
R. 2361

LÁNCARA
Anuncio Información pública corrección de erros padrón auga, lixo, sumidoiros e canos 1º trimestre 2019
Por decreto desta alcaldía de 15 de xullo de 2019, rectificouse o padrón de auga e IVE s/seu consumo, recollida de lixo, sumidoiros, aluguer de contador e canon autonómico de auga correspondente ao 1º trimestre do ano 2019, aprobado por decreto de 6 de xuño de 2019.
O importe total do padrón ascende a 47.753,17 €, o que se publica para a corrección do anuncio publicado no BOP de Lugo de 15 de xuño de 2019.
Este anuncio ten o carácter de notificación colectiva ao abeiro do artigo 102.3 da Lei 58/2003, Xeral Tributaria.
Láncara, 29 de xullo de 2019, alcalde, Darío A Piñeiro López.
R. 2362

Anuncio publicado en: Num BOP 179 año 2019 05/08/2019 13:22:07
06/08/2019 08:00:00

R. 2421

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 06/08/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date06/08/2019

Page count10

Edition count3278

First edition01/03/2013

Last issue16/04/2024

Download this edition

Other editions