Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 05/08/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 178 luns, 5 de agosto de 2019

BOP Lugo
SISTEMA DE CONCURSO-OPOSICIÓN AO ABEIRO DO PLAN UNICO DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS ENTRE O
CONCELLO DE LOURENZÁ E A EXCMA. DEPUTACIÓN DE LUGO PROGRAMA FOMENTO DO EMPREGO 2019
A convocatoria e as bases aprobadas están publicadas na páxina web da Deputación Provincial de Lugo www.deputacionlugo.org, na páxina Web do Concello de Lourenzá no seguinte enlace www.concellodelourenza.gal, no taboleiro de anuncios do Concello de Lourenzá e a disposición dos interesados nas Oficinas Municipais.
A convocatoria farase mediante presentación das correspondentes ofertas no Servizo Público de Emprego de Galicia.
Lourenzá, 05 de Agosto de 2019.- A Alcaldesa, Rocío López García.
R. 2313

LUGO
Anuncio A Ilma. Sra. Tenente de Alcaldesa Delegada da Área de Gobernanza: Economía e Recursos Humanos, en virtude de delegación da Xunta de Goberno Local segundo o seu acordo número 28/452, do 17 de xullo de 2019, ditou o Decreto número 19006456, polo que se aproba o padrón de contribuíntes obrigados ó pagamento do Imposto sobre vehículos de tracción mecánica para o ano 2019, e o Decreto número 19006454, polo que se aproba o padrón de Taxas por aproveitamentos especiais da vía pública con entradas de vehículos do exercicio 2019.

No caso da non recepción ou extravío dos recibos, expediranse duplicados nas oficinas de Facenda Local do Centro de Servizos Municipais, sito na Ronda da Muralla, 197, 2º andar, de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas, mediante atención personalizada, debendo os interesados acreditar tal condición, para os efectos de facilitarlles o acceso á información tributaria correspondente, por tratarse de datos protexidos de conformidade co disposto na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal.
Así mesmo, e de conformidade co artigo 223.1 da Lei Xeral Tributaria, poderán interpoñer recurso de reposición ante a Ilma. Tenente de Alcaldesa Delegada da Área no prazo dun mes, que comezará a contar dende o día seguinte ó da finalización do período voluntario de pagamento, sen prexuízo do disposto no art. 63 da Ordenanza Fiscal Xeral. Non obstante, poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren oportuno.
Este anuncio ten o carácter de notificación colectiva ó abeiro do art. 102.3 da Lei Xeral Tributaria.
Lugo, 24 de xullo de 2019.
R. 2357

A PASTORIZA
Anuncio CONVOCATORIA DE EMPREGO
O Excmo. Concello de A Pastoriza por Decreto da Alcaldía de data 10 de xullo de 2019, aprobou a convocatoria e aas bases para o seguinte proceso selectivo Programa Fomento do Emprego 2019-Subvencionado pola Deputación Provincial de Lugo:
-

Número e denominación do emprego: 3 empregos de Peón de Obras Públicas Programa Fomento do Emprego 2019.

-

Modalidade de contratación: contrato laboral por obra/servizo por período de 10 meses e como último día de contrato 30 de setembro de 2020.

-

Xornada: Completa.

-

Soldo bruto: 1.201,00 euros mensuais, incluindo a parte proporcional de paga extra.

-

Funcións: ver bases da convocatoria.

-

Prazo de presentación de solicitudes: 5 días hábiles a contar dende o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletin Oficial da Provincia de Lugo.

Anuncio publicado en: Num BOP 178 año 2019 02/08/2019 14:17:00
05/08/2019 08:00:00

Conforme ó disposto no art. 102.3 da Lei Xeral Tributaria e no art. 63 da Ordenanza Fiscal Xeral, os padróns aprobados quedan expostos ó público no Servizo de Facenda Local, sito no Centro de Servicios Municipais da Ronda da Muralla, 197, 2º andar, en horario de 9:00 a 14:00, durante o prazo de 15 días, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Durante o dito prazo, as persoas interesadas poderán examinalos e formular as alegacións ou reclamacións que estimen pertinentes.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 05/08/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date05/08/2019

Page count6

Edition count3281

First edition01/03/2013

Last issue19/04/2024

Download this edition

Other editions