Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 02/08/2019

Text version What is this?*Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 176 venres, 2 de agosto de 2019

BOP Lugo
A Fonsagrada, 22 de xullo de 2019.- O alcalde, Carlos López López, A Secretaria Olga Landeira Burgué.
R. 2329

LUGO
Anuncio En cumprimento do acordo 11/435 da Xunta de Goberno local celebrada en sesión de data do dezasete de xullo de dous mil dezanove 17/7/19, en virtude das competencias atribuídas á mesma polo acordo 28/452 da Xunta de Goberno Local celebrada con data do 17 de xullo de 2019, publicanse a o citado acordo sendo a transcripción literal da parte dispositiva a seguinte:
PRIMEIRO.- Delegar as competencias, no Concelleiro-Delegado de Urbanísmo Sostible, para a resolución de todos os actos de trámite e resolutivos dos expedientes administrativos de contratación relativos ó PROXECTO
LIFE14 CCA/ES/00489 LUGO + BIODINÁMICO PLANIFICACIÓN DUN BARRIO MULTIECOLÓXICO COMO
MODELO DE RESILENCIA URBANA que resten ata o remate do mesmo.
SEGUNDO.- Publicar no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, a delegación de competencia.
Lugo 24 de xullo de 2019.- O CONCELLEIRO-DELEGADO DE URBANISMO SOSTIBLE, Miguel Couto Alonso.
R. 2330

En cumprimento do establecido nos artigos 82.3 e 88.4 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise pública a normativa do Estudo de detalle para a concreción das condicións estéticas e de composición do volume edificatorio da parcela H.4-antigo Bloque 1 do parque empresarial As Gándaras, que modifica ao anterior estudo de detalle aprobado definitivamente polo acordo plenario de data do 4-5-15, formulado pola entidade mercantil Deguaces Herbón, S.L., e aprobado definitivamente por acordo do Excmo. Concello Pleno en sesión celebrada con data do 25-04-19 publicado no DOG nº 117 de data do 21-06-19, que na súa parte dispositiva literalmente estableceu:
PRIMEIRO.- Aprobar definitivamente, de conformidade co informe favorable da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural de data do 13-03-19, o estudo de detalle formulado pola entidade mercantil Desguaces Herbón, S.L.
para a concreción das condicións estéticas e de composición do volume edificatorio da parcela H.4-antigo Bloque 1 do parque empresarial As Gándaras, que modifica ao anterior estudo de detalle aprobado definitivamente polo acordo plenario de data do 4-05-15 artigo 80.2 da LSG.
SEGUNDO.- Proceder á publicación deste acordo de aprobación definitiva no DOG, no prazo dun mes desde a súa adopción. Xunto coa publicación deste acordo publicarase a referencia ao enderezo electrónico no que figurará o contido íntegro deste Estudo de Detalle a disposición do público artigo 82.2 da LSG.
TERCEIRO.- Unha vez publicado o anuncio no DOG, ao que fai referencia o anterior acordo, proceder á remisión dun exemplar deste Estudo de Detalle en soporte dixital, debidamente dilixenciado, á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda CMATV para a súa inscrición no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.
Sendo esta inscrición requisito de eficacia do acordo de aprobación definitiva artigo 88 da LSG. Posteriormente procederase á publicación do anuncio no BOP, conforme ao establecido nos artigos 82.3 e 88.4 da LSG.
CUARTO.- Notificarlles este acordo aos interesados, indicándolles que contra el poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia artigo 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo nun prazo de DOUS MESES, contados a partir do día seguinte ao da notificación do presente acto, o cal pon fin á vía administrativa artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, sen prexuízo de que poidan interpoñer calquera outro recurso ou reclamación que estimen conveniente ao seu dereito.
Segundo consta no expediente administrativo o devandito Estudo de detalle foi obxecto de inscrición, con data do 29-07-19, no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.
1. MEMORIA INFORMATIVA
1.1. DATOS GENERALES
Se redacta esta modificación de estudio de detalle a petición de la sociedad DESGUACES HERBÓN S.L., siendo su representante D. Jorge Fernández Herbón.
El equipo redactor de la Modificación del Estudio de Detalle de la parcela H.4 -antiguo Bloque 1 son José Luis Valado Viéitez, Ingeniero Industrial, colegiado nº 864 del ICOIIG y Arturo Silvosa Pérez, Arquitecto, colegiado nº 1697 del COAG.

Anuncio publicado en: Num BOP 176 año 2019 01/08/2019 12:03:12
02/08/2019 08:00:00

Anuncio

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 02/08/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date02/08/2019

Page count16

Edition count3263

First edition01/03/2013

Last issue27/03/2024

Download this edition

Otras ediciones