Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 30/07/2019

Text version What is this?*Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 173 martes, 30 de xullo de 2019

BOP Lugo
Corresponde á Alcaldía o libre nomeamento do concelleiros como membros da Xunta de Goberno Local é conferir delegacións en favor de esta, e polo tanto, VEÑO EN DISPOÑER:
PRIMEIRO.- Nomear membros da Xunta de Goberno Local ós seguintes concelleiros:
- D. Javier Huertas Otero, 1º Tenente de Alcalde.
- D. Manuel Arango Ron,2º Tenente de Alcalde.
- D. Mercedes Dengra Sixto, 3 Tenente de Alcalde.
SEGUNDO.- Esta Xunta de Goberno Local celebrará sesión ordinaria o segundo e último venres de cada mes, ás 12:00 horas, na Sala da Alcaldía da Casa Consistorial do Concello de Lourenzá. No caso que o día sinalado para sesión ordinaria coincida cun día festivo a mesma se trasladará, co mesmo carácter ordinario, para o primeiro día hábil seguinte. A hora de celebración das sesións de carácter ordinario poderán ser modificadas pola Alcaldía cando medien causas xustificadas. Así mesmo a Xunta de Goberno Local celebrará sesión con carácter extraordinario cando o considere oportuno esta Alcaldía.
Realizará a primeira sesión constitutiva o día trinta e un de xullo do dous mil dezanove ás doce horas 31/07/2019, de conformidade co disposto no artigo 112.1 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais.
TERCEIRO.- A Xunta de Goberno Local terá asinadas as seguintes atribucións:
3.1.- A asistencia á Alcaldía no exercicio das súas atribucións.
3.2.- As atribución que lle foron delegadas polo Pleno na sesión ordinaria celebrada o pasado 11/07/2019.
3.3.- As atribución que esta Alcaldía delega e que son as seguintes:

1.- As aprobacións dos instrumentos de planeamento de desenvolvemento do planeamento xeral que non este expresamente atribuído ó Pleno.
2.- A aprobación dos instrumentos de xestión urbanística non atribuídos ó Pleno pola lexislación urbanística e dos Proxectos de Urbanización.
3.- O outorgamento de licencias de edificación, demolición e urbanísticas en xeral que impliquen actos de uso do solo e do subsolo e requiran previa licencia urbanística, instadas o realizadas por particulares, empresas o entidades públicas.
4.- A toma de razón de declaracións responsables o comunicacións previas de licenzas de obras.
5.- A concesión de licencias de apertura de establecementos de calquera índole.
6.- A emisión de informacións de orden urbanístico.
7.- A emisión de informe nos procedementos para a tramitación da autorización autonómica en solo rústico.
8.- A emisión de informe e aprobación dos expedientes suxeitos á normativa de Avaliación Ambiental así como a concesión das correspondentes licencias.
9.- A concesión de licencias de fin de obra e de primeira ocupación das edificacións.
10.- Outorgamento de Licencias sometidas ao Regulamento de Espectáculos Públicos excepto a autorización de bailes , verbenas populares e similares.
11.- Toma de razón de declaración responsable ou comunicación previa de apertura de establecementos para o exercicio de actividades non sometidas a avaliación da incidencia ambiental.
12.- A resolución de expedientes contra particulares por infraccións urbanísticas ou contra as normas de policía urbana, rural e medio ambiente, sen prexuízo das atribucións de impulsión de trámites e expedientes pola Alcaldía.
B EN MATERIA CONTRACTUAL:
1. As contratacións de obras, subministro, de servizos, os contratos de concesión de obras, os contratos de concesión de servizos e os contratos administrativos especiais, cando o seu valor estimado non supere o 10% dos recursos ordinarios do presuposto nin, en calquera caso, a contía dos seis millóns de euros 6.000.000,00, incluídos os de carácter plurianual cando a súa duración non sexa superior a catro anos, sempre que o importe acumulado de todas as súas anualidades non supere nin a porcentaxe indicada, referido aos recursos ordinarios do orzamento do primeiro exercicio, nin a contía sinalada. Exclúese da citada delegación a clasificación das proposicións presentadas e a potestade de efectuar os requirimentos de documentación xustificativa ao licitador que presente a oferta máis vantaxosa ao que fai referencia 150 da Lei 9/2017 do 9 de novembro, de contratos do Sector Público o 8 de novembro, de Contratos do Sector Público pola que se traspoñen ó ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, de 26 de febreiro do 2014.

Anuncio publicado en: Num BOP 173 año 2019 29/07/2019 12:26:02
30/07/2019 08:00:00

A EN MATERIA DE URBANISMO E LICENCIAS:

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 30/07/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date30/07/2019

Page count22

Edition count3263

First edition01/03/2013

Last issue27/03/2024

Download this edition

Otras ediciones