Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 13/07/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 160 sábado, 13 de xullo de 2019

BOP Lugo
subvencións nos termos fixados nas Bases de execución do orzamento, deste xeito, as distintas fases na execución de gastos que non sexan competencia do Pleno.
Aprobar a oferta de emprego público de acordo co Orzamento e o persoal aprobados polo Pleno, aprobar as bases das probas para a selección do persoal e para os concursos de provisión de postos de traballo.
As aprobacións dos instrumentos de planeamento de desenvolvemento do plan xeral non expresamente atribuídas ao Pleno, así como a dos instrumentos de xestión urbanística e dos proxectos de urbanización.
O exercicio das accións xudiciais e administrativas e a defensa do concello nas materias da súa competencia, mesmo cando as tivese delegado noutro órgano, e, en caso de urxencia, en materias da competencia do Pleno, neste suposto dando conta ao mesmo na primeira sesión que celebre para a súa ratificación.
A iniciativa para propoñer ao Pleno a declaración de lesividade en materias da competencia da Alcaldía.
Sancionar as faltas de desobediencia á súa autoridade ou por infracción das ordenanzas municipais, salvo nos casos en que tal facultade estea atribuída a outros órganos.
A aprobación dos proxectos de obras e de servizos cando sexa competente para a súa contratación ou concesión e estean previstos no orzamento.
O outorgamento das licenzas, salvo que as leis sectoriais llo atribúan expresamente ao Pleno ou á Xunta de Goberno Local.
As contratacións e concesións de toda clase por importe superior a 20.000€, cando o seu importe non exceda do dez por cento dos recursos ordinarios do orzamento nin, en calquera caso, os seis millóns de euros incluídas as de carácter plurianual, cando a súa duración non sexa superior a catro anos.

1.- Cando se trate de bens inmobles ou de bens mobles que estean declarados de valor histórico ou artístico e non estean previstas no orzamento.
2.- Cando estando previstas no orzamento, superen os mesmos porcentaxes e contías indicados para a adquisición de bens.
Segundo.- Nos acordos que se adopten pola Xunta de Goberno local por delegación, deberá facerse constar esta circunstancia e entenderanse ditadas polo Pleno como Titular da competencia orixinaria, sendo inmediatamente executivos.
Non obstante o Alcalde se reserva a posibilidade de avocar en calquera momento a competencia delegada de acordo coa normativa legal.
Terceiro.- Dispoñer a publicación no BOP de Lugo, Taboleiro de Anuncios do Concello de Meira e dar conta ao Pleno na próxima sesión que se celebre.
Así o manda e asina o Sr. Alcalde-Presidente, en Meira a 27 de xuño de 2019, ante min, a Secretaria que dá fe.
2 RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA núm.: 229/2019.
ASUNTO: Nomeamento de concelleiros delegados.
Tendo en conta que esta Alcaldía en base ao disposto no artigo 21 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local, 61 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de administración local de Galicia e artigo 43 do Real decreto 2568/1986, do 22 de novembro, regulamento de organización, organización e réxime xurídico das entidades locais, ten competencia para poder realizar delegacións especiais relativas a determinadas áreas no resto dos concelleiros da Corporación Municipal.
En uso das competencias atribuídas pola lexislación vixente en materia de réxime local, RESOLVO:
Primeiro.- Nomear os seguintes Concelleiros Delegados.
Agustín Méndez Moirón: Concelleiro delegado de educación, cultura, deportes, xuventude, turismo, xestión da depuradora municipal e protección civil.
María de las Urdes Díaz Yanes: Concelleira delegada de sanidade, terceira idade e benestar social e igualdade.
Rubén Vidal Vidal: Concelleiro delegado de agricultura, gandaría, montes, incendios, parques e xardíns.
Manuel Vidal Vallejo: Concelleiro delegado de alumeado público, rural, limpeza viaria, augas e cemiterios.
María José Salgado Lejo: Concelleira delegada de feiras, festas, promoción económica e emprego.
Segundo.- Ditas Delegacións alcanzan ás facultades de dirección interna, organización e xestión das devanditas áreas ou servizos con exclusión da facultade de resolver mediante actos administrativos que se refiran a terceiros.

Anuncio publicado en: Num BOP 160 año 2019 12/07/2019 10:15:56
13/07/2019 08:00:00

A adquisición de bens e dereitos cando o seu valor supere o 10% dos recursos ordinarios do orzamento, e en todo caso cando sexa superior a tres millóns de euros, así como os alleamentos patrimoniais nos seguintes supostos:

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 13/07/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date13/07/2019

Page count82

Edition count3278

First edition01/03/2013

Last issue16/04/2024

Download this edition

Other editions