Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 06/07/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 154 sábado, 6 de xullo de 2019

BOP Lugo
RESOLVO:
PRIMEIRO. Delegar a favor de Dº. Carmen Nodar Domínguez, concelleira do Concello da Cospeito, a atribución para autorizar a celebración dun matrimonio o día 6 de xullo de 2019, ás 12.00 horas, na Casa Consistorial do Concello da Cospeito.
SEGUNDO. Publicar esta Resolución no Boletín Oficial da Provincia.
TERCEIRO. Comunicar a Dº. Carmen Nodar Domínguez a presente Resolución para o seu coñecemento e efectos.
O manda e asina o Sr. Alcalde, D. Armando Castosa Alvariño, en Cospeito na data que figura ao marxe; do que eu, como Secretario, dou fe.
En Cospeito 4 de xullo de 2019.- O Alcalde, Don Armando Castosa Alvariño.
R. 2012

FRIOL
Anuncio Polo Pleno do Concello en sesión celebrada o día 27 de xuño de 2019, prestouse aprobación ao expediente de modificación de créditos número 5/2019, segundo de competencia do Pleno, para transferencias de crédito, dentro do vixente orzamento municipal, e por un importe de oitenta e cinco mil catrocentos trinta e un euros 85.431,00 €.

Cumprindo o disposto no artigo 177.2 en relación co 169.1 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, exponse ao público polo prazo de quince días hábiles, na Secretaría do Concello, co fin de que durante o mesmo que se contará a partir do seguinte ao da inserción do Edicto no Boletín Oficial da Provincia poidan formularse as reclamacións que se consideren oportunas, que se deberán dirixir ao Alcalde-Presidente do Concello.
Friol, 28 de xuño de 2019.- O Alcalde, José Ángel Santos Sánchez.
R. 1915

Anuncio Polo Pleno do Concello en sesión celebrada o día 27 de xuño de 2019, prestouse aprobación ao expediente de modificación de créditos número 4/2019, primeiro de competencia do Pleno, para créditos extraordinarios e suplementos de crédito, dentro do vixente orzamento municipal, e por un importe de trescentos catorce mil euros 314.000,00.-, con cargo ao Remanente líquido de Tesourería dispoñible do exercicio anterior na data de aprobación deste expediente, para investimentos financeiramente sostibles e outras necesidades.
Modifícase o Anexo de inversións e o que contén a relación de subvencións nominativas da vixente Base 13 das Bases de Execución do Orzamento.
Cumprindo o disposto no artigo 177.2 en relación co 169.1 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, exponse ao público polo prazo de quince días hábiles, na Secretaría do Concello, co fin de que durante o mesmo que se contará a partir do seguinte ao da inserción do Edicto no Boletín Oficial da Provincia poidan formularse as reclamacións que se consideren oportunas, que se deberán dirixir ao Alcalde-Presidente do Concello.
Friol, 28 de xuño de 2019.- O Alcalde, José Ángel Santos Sánchez.
R. 1916

LÁNCARA
Anuncio De conformidade co decreto de 5 de xullo faise pública a convocatoria para a selección de persoal laboral temporal para:
Encargada de biblioteca e da OMIX

Anuncio publicado en: Num BOP 154 año 2019 05/07/2019 14:33:31
06/07/2019 08:00:00

Modifícase o Anexo de inversións do vixente Orzamento.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 06/07/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date06/07/2019

Page count16

Edition count3281

First edition01/03/2013

Last issue19/04/2024

Download this edition

Other editions