Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 06/07/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 154 sábado, 6 de xullo de 2019

BOP Lugo
CUARTO. Dar conta da presente resolución a Tesourería e Intervención Municipal e ó Pleno da Corporación na primeira sesión ordinaria que este celebre, en cumprimento do disposto no art. 42 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, por lo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais.
. CANON DE AUGA
De conformidade co disposto no artigo 49.7. do Decreto 136/2012, do 31 de maio, polo que se aproba o Regulamento do canon de auga e do coeficiente de vertedura a sistemas públicos de depuración de auga, faise constar que o procedemento para o cobro do canon de auga en período voluntario será unitario co seguido para a recadación dos dereitos que á entidade subministradora correspondan polo servizo de abastecemento de auga. O contribuínte que a falla de pago no período voluntario sinalado suporá a esixencia do canon de auga directamente ao contribuínte pola vía de constrinximento pola consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo no artigo 102.3. da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, os padróns aprobados expóñense ao público nas oficinas do Concello durante o prazo de un mes, contado a partir da publicación do presente anuncio no BOP que terá carácter e producirá os efectos de notificación colectiva.
Durante o referido prazo os interesados poderán examinalo e presentar as reclamacións que estimen oportunas.
Igualmente poderán formular no prazo de un mes o recurso de reposición regulado no artigo 14.2. do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais que deberá ser resolto polo órgano competente no prazo de outro mes contado a partir do día seguinte ao da súa presentación, entendéndose desestimado se transcorrido dito prazo no recaera resolución expresa, cos efectos xurídicos previsto nos artigo 24 e 25 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Contra a resolución do recurso de reposición non pode interpoñer novamente este recurso, poden os interesados, interpoñer directamente recurso contencioso
administrativo ante o Xulgado do Contencioso Administrativo de Lugo no prazo de dous meses desde a notificación da resolución expresa ou de seis no suposto de desestimación presunta por silencio administrativo.
Non obstante, poderá utilizar e exercitar calquera outra acción legal que estime pertinente na defensa dos seus dereitos e intereses lexítimos.
A repercusión do canon de auga poderá ser obxecto de reclamación económico -administrativa ante o órgano económico administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia no prazo de un mes desde que se entenda producida a notificación.
FORMA DE PAGAMENTO
1. O pago das débedas tributarias realizarase en período voluntario nos prazos que figuran no presente anuncio e nas Entidades colaboradoras na recadación deste Concello, nas horas de atención ao público Caixa Rural Galega, Banco Pastor e Abanca. Transcorridos ditos prazos iniciarase o período executivo de cobro, que determinará o de devengo dos recargos de constrinximento e os intereses de demora que procedan.
2. Os contribuíntes que non teñan domiciliado o pagamento, recibirán no seu domicilio, dentro do período de cobro en voluntaria, modelo de liquidación por duplicado exemplar para o seu pagamento en calquera das entidades financeiras citadas, debendo recabar en caso de extravío, duplicado nos servizos económicos do Concello antes do remate do referido período. Un dos exemplares debidamente selado pola Entidade financeira constituirá carta de pago en poder do contribuínte acreditativo da extinción da débeda tributaria.
3. Se así o desexa no momento de efectuar o pago, poderá solicitar da Entidade financeira a domiciliación do tributo, sen ningún acto de trámite adicional, quedando a partir dese momento incorporado na base de datos dos padróns sucesivos.
Cospeito, 27 de xuño de 2019.- O Alcalde, Armando Castosa Alvariño.
R. 1926

Anuncio DELEGACIÓN ESPECÍFICA DE VODA
DECRETO DELEGACIÓN ESPECÍFICA
RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA
De conformidade co disposto no artigo 51 do Código Civil, nos artigos 21.3 e 23.4 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, nos artigos 44 e 47 do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das Corporacións Locais aprobado polo Real decreto 2568/1986, de 28 de novembro, no artigo 61.3 da Lei 5/97, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia e demais normativa concordante,
Anuncio publicado en: Num BOP 154 año 2019 05/07/2019 14:33:31
06/07/2019 08:00:00

RECURSOS

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 06/07/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date06/07/2019

Page count16

Edition count3286

First edition01/03/2013

Last issue25/04/2024

Download this edition

Other editions