Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 05/07/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 153 venres, 5 de xullo de 2019

BOP Lugo
CONCELLOS
BALEIRA
Anuncio A Corporación Municipal do Concello de Baleira, Lugo, na sesión plenaria ordinaria do 06 de xuño do 2019, aprobou o expediente de modificación de créditos suplemento de créditos cun importe total de 15.500,00
euros aumento da partida 454-619, con cargo ó remanente de tesourería do exercicio anterior, para financiar inversións financeiramente sostibles, segundo memoria incorporada ó expediente de referencia.
De conformidade co disposto no artigo 177 en relación co 169 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, o expediente sométese a información pública polo prazo de quince días hábiles mediante edictos no taboleiro de anuncios do Concello e no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, para os efectos de que durante o devandito prazo os interesados poidan examinalo e presentar reclamacións ante o Pleno.
O expediente considerarase definitivamente aprobado si durante o mencionado prazo non se presentaran reclamacións; en caso contrario o Pleno disporá dun mes para resolvelas.
Baleira, 11 de xuño de 2019.- O Alcalde, Angel Enrique Martinez-Puga López.
R. 1984

Formada e rendida a Conta Xeral do exercicio 2018 e dictaminada pola Comisión Especial de Contas exponse ó público, xunto co dictame de dita Comisión , na Secretaría do Concello durante o prazo de quince días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. Durante o devandito prazo e os oito días hábiles seguintes os interesados poderán presentar as reclamacións, reparos ou observacións que coiden pertinentes.
Baleira, 11 de xuño de 2019.- O Alcalde, Angel Enrique Martinez-Puga López.
R. 1985

FRIOL
Anuncio Visto o anuncio realizado polo Concello de Friol e publicado no B.O.P. número 151 de data 03 de Xullo de 2019
para proceder á selección de persoal para poder suplir, se se dera o caso, dunha nova baixa voluntaria por parte dos traballadores seleccionados no seu momento coas bases de convocatoria aprobadas por Resolución de Alcaldía de data 23 de Abril de 2019 para a contratación de 12 traballadores por un periodo de 4 meses de duración e cunha xornada de traballo do 75% 6 Horas para o desempeño o servizo de mantemento de zonas naturais e espacios públicos, ao abeiro do Programa Depuemprego 2018, incluído no Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos 2018 da Excma. Deputación Provincial de Lugo e que foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Lugo número 104 do 8 de Maio de 2019.
Visto que a presente convocatoria non se axusta nas instruccións establecidas no Programa Fomento do Emprego 2018 ao non respetar o prazo de comunciación de dez días antes da súa publicación no B.O.P.
É polo que, procédese a deixar sen efecto a convocatoria publicada no B.O.P do día 03 de Xullo do actual referente ao Programa Fomento de Emprego 2018 incluído no Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos 2018 da Excma. Deputación Provincial de Lugo ata nova convocatoria das mesmas.
Friol, 3 de Xullo de 2019.- O Alcalde, José Angel Santos Sánchez.
R. 1986

LOURENZÁ
Anuncio En relación co acordo do Pleno do Concello de data 18/04/2011. referente á Declaración de Concelleiros/as electos/as sobre as causas de posible incompatibilidade e actividades que proporcionen ou poidan proporcionar ingresos económicos e de declaración de bens e dereitos patrimoniais, faise público que con data que se refire, foron recibidas as declaracións efectuadas no modelo normalizado polos concelleiros/as electos/as que a continuación se enumeran:

Anuncio publicado en: Num BOP 153 año 2019 04/07/2019 14:19:51
05/07/2019 08:00:00

Anuncio

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 05/07/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date05/07/2019

Page count40

Edition count3285

First edition01/03/2013

Last issue24/04/2024

Download this edition

Other editions