Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 02/07/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 150 martes, 2 de xullo de 2019

BOP Lugo
Grupos Políticos, facilitar, por escrito, os nomes dos compoñentes por eles designados para formar parte das dúas Comisións, pudiendo designarse suplente por cada titular.
En Carballedo, a 18 de xuño de 2019.-O Alcalde,-Asdo. Julio M. Yebra-Pimentel Blanco.
Rematada a lectura da proposta, sométese a votación, resultando aprobada por UNANIMIDADE dos membros presentes da Corporación Municipal 10 dós 11 concelleiros que a compoñen .
CREACIÓN DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL E PERIODICIDADE DAS SESIÓNS ORDINARIAS DA XUNTA DE
GOBERNO LOCAL.
PROPOSTA DE ALCALDÍA
Ao abeiro do disposto no artigo 20.b da Lei 7/1985 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, a Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración de Galicia, no seu artigo 59.2, e o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, de 28 de novembro de 1986, no seu artigo 35.2d, a Xunta de Goberno Local, nos municipios con poboación de dereito inferior a cinco mil habitantes, existirá cando así o dispoña o seu Regulamento Orgánico ou así o acorde o Pleno do seu Concello.
Pola súa banda conforme ao disposto no artigo 211 da Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia, a Xunta de Goberno Local celebrará sesións ordinarias coa periodicidade determinada polo pleno da Corporación e sesións extraordinarias cando o decida o Alcalde Presidente.
Á vista do exposto, aos efectos de completar a estrutura organizativa municipal, e co obxecto de proporcionar unha maior participación dos concelleiros do grupo de goberno, ao abeiro do disposto no artigo 38 do RD
2568/1986, proponse ao Pleno, se procede, a aprobación da seguinte Proposta:
Primeiro.- Crear a Xunta de Goberno Local do Concello de Carballedo, integrada polo Alcalde e un número de Concelleiros non superior ó tercio do número legal de membros da corporación, que serán nomeados e separados libremente por aquel.
Segundo.- Asignar á Xunta de Goberno así creada as atribucións de asistir ó Alcalde no exercizo das súas funcións e aquelas competencias que a Alcaldía e/ou o mPleno lle deleguen.
Terceiro.- Establecer que a Xunta de Goberno Local celebrará sesión ordinaria a segunda e a cuarta semana de cada mes, ás 14.00 horas do xoves. No caso de xoves inhábil a Xunta de Goberno Local poderá celebrarse outro día da mesma semana así conveñido por unanimidade dos membros da Xunta.
En Carballedo, a 18 de xuño de 2019.-O Alcalde,-Asdo. Julio M. Yebra-Pimentel Blanco.
Rematados a lectura e debate da proposta, sométese a votación, resultando aprobada por MAIORÍA ABSOLUTA
dos membros presentes da Corporación Municipal, cos votos a favor dós membros do grupo do PP 8 e as abstencións do membro do grupo do PSdG-PSOE 1 e do membro do BNG 1.
DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO PLENO NA XUNTA DE GOBERNO LOCAL
PROPOSTA DA ALCALDÍA
En aplicación do disposto na Lei de Bases do Réxime Local, Lei 7/85 de 2 de abril, artigos 22 e 47, Lei da Administración Local de Galicia, 5/97, artigo 64, propoño ao Pleno, Delegar en Xunta de Goberno Local as seguintes competencias:
- O exercicio das accións xudiciais administrativas na defensa da Corporación, en materias de competencia plenaria.
- A declaración de lesividade dos actos do Concello.
- A concertación de las operacións de crédito cuxa contía acumulada, dentro de cada exercicio económico, exceda do 10 % dos recursos ordinarios do Presupuesto -salvo as de tesourería, que lle corresponderán cando o importe acumulado das operacións vivas en cada momento supere o 15 % dos ingresos correntes liquidados no exercicio anteriortodo elo de conformidade co disposto na Ley Reguladora das Facendas Locais.
- As establecidas nos números dous e tres da Ley 9/2017, de 8 de noviembre, de Contratos del Sector Público, por la que se transponen al ordenamiento jurídico español las Directivas del Parlamento Europeo y del Consejo 2014/23/UE y 2014/24/UE, de 26 de febrero de 2014
- A aprobación dos proxectos de obras e servicios cando sexa competente para a súa contratación ou concesión, e cando aínda non estean previstos no Orzamento.
- Informe sobre actividades sometidas a avaliación de incidencia ambiental - As demais que expresamente lle confiran as Leis, e que sexan delegables de conformidade co disposto na Lexislación vixente.
Rematados a lectura e debate da proposta, sométese a votación, resultando aprobada por MAIORÍA ABSOLUTA
dos membros presentes da Corporación Municipal, cos votos a favor dós membros do grupo do PP 8 e as abstencións do membro do grupo do PSdG-PSOE 1 e do membro do BNG 1.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 02/07/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date02/07/2019

Page count14

Edition count3281

First edition01/03/2013

Last issue19/04/2024

Download this edition

Other editions